IV Concurso Infantil de Postais de Nadal en Arcos

La Casa Cultural de Arcos, en Ponteareas, ha hecho públicas las bases de la cuarta edición de su tradicional concurso infantil de postales navideñas.

 

Share

27/11/2017

IV CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS DE NADAL
CASA CULTURAL DE ARCOS 2017

BASES

1. Poderán participar as seguintes persoas:
CATEGORÍA 1: nenas e nenos de 3 a 7 anos de idade.
CATEGORÍA 2: rapazas e rapaces de 8 a 12 anos de idade.

2. A participación será individual, de xeito que non se aceptarán postais con varios autores; nin se valorarán aquelas nas que axudase un adulto.

3. Cada participante só poderá presentar unha obra.

4. A temática será o Nadal.

5. Os debuxos pódense realizar con ceras, acuarelas, colaxe, carbón, ... ou con calquera outra técnica creativa.

6. O tamaño máximo será o A4 (tamaño folio), en formato papel, cartón ou cartolina.

7. Terase moi en conta que a lingua escollida para escribir a mensaxe de Nadal sexa o galego. 

8. Na parte posterior da postal figurará o título da obra, o nome do participante, a súa idade e o número de teléfono.

9. Valorarase a creatividade do debuxo e da mensaxe de Nadal. 

10. As obras serán, necesariamente, orixinais e inéditas.

11. Os traballos depositaranse na «caixa de postais» que se atopará no recibidor da Casa Cultural de Arcos a partires do sábado 25 de novembro

12. O día 23 de decembro, ás 20 horas, o xurado dará a coñecer o nome das persoas gañadoras na Casa Cultural de Arcos e fará entrega dos premios. Se a persoa gañadora non está presente comunicaráselle telefónicamente.  

PREMIOS
A persoa gañadora de cada unha das categorías recibirá un diploma acreditativo e un agasallo (adaptado a cada franxa de idade). Así e todo, todas as persoas participantes levarán un agasallo como recompensa ó seu esforzo.
As postais gañadoras, xunto coas demais postais participantes, estarán expostas na Casa Cultural de Arcos durante o período do Nadal. Así, a postal exhibirase xunto co nome da persoa autora. Unha vez rematadas as festas, os participantes poderán pasar a recoller a súa postal.

O xurado poderá declarar deserta unha categoría por falta de participantes. 

Notificación ás persoas gañadoras
As notificacións faranse no momento de entrega dos premios. Se resultase gañador un participante que non se atopase no momento da entrega dos premios, a notificación farase por vía telefónica. No caso de que o xurado non se poida comunicar coa persoa gañadora nun prazo dunha semana, contactarase cos gañadores suplentes seguindo o mesmo procedemento.

Cesión de propiedade e dereitos
Coa aceptación do premio, o gañador do concurso consinte na cesión dos dereitos do debuxo da postal presentada á Casa Cultural de Arcos, coa finalidade de empregala para felicitar o Nadal do próximo ano ou para promover vindeiros concursos de postais da Casa Cultural de Arcos.
Todos os participantes do concurso garantirán a veracidade da autoría das postais enviadas.

Aceptación
A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha das bases do mesmo.

Protección de datos persoais
Os datos obtidos a través da participación serán tratados de conformidade coas bases  do concurso e non se cederán a terceiras persoas.
Blog Ponteareas Virtual Ponteareas Virtual en Facebook Ponteareas Virtual en Twitter Ponteareas Virtual en Google Plus Ponteareas Virtual en Pinterest envio de eventos Inserta tu empresa
Buscador

Eventos
« Abr 2018 »
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
 
© 2010-2011 Ponteareas Virtual - Todos los derechos reservados